jueves, 4 de enero de 2018

Xa veñen os Magos



Queda moi pouco para a noite máis máxica do ano, a noite na que recibimos nas nosas casas aos Reis Magos. Nós tivemos moita sorte, pois viñeron a visitarnos eles mesmos á nosa escola e así puidemos darlle as cartas e falar un pouquiño con eles. 
Agora a esperar a que chegue o día e... recordade o que di o conto de Martiño: os Reis non entran nas casas dos nenos que non están durmidos!!!
Boa noite de Reis a tod@s!!!!









lunes, 4 de diciembre de 2017

O apalpador xa chegou!

O apalpador e a súa axudante Alicia chegaron a Bergondo dende os monte do Courel. Viñan un pouco tristes polos incendios que houbo nos montes e así nolo contaron. Tamén nos invitaron a mazás típicas do Courel... boísimas!!! Aínda que sempre traen castañas e noces, este ano non foi posible xa que a escasez de chuvias, incendios e demáis non deron unha boa colleita. 
E, por suposto, ensinounos algúns dos xoguetes e instrumentos musicais feitos con elementos naturais.
Aquí tedes unha pequena mostra.





































sábado, 25 de noviembre de 2017

O día da música.

Na escola celebramos o 22 de novembro o día da música. Para a ocasión fixemos uns pequenos tamborciños personalizados, decorados a gusto de cada un. Despois tocamos, bailamos, cantamos...






Que nunca nos falte paz, amor e música nas nosas vidas!!!


jueves, 2 de noviembre de 2017

O magosto.

O venres pasado celebramos o magosto, reuníndonos todas as escolas do CRA no albergue de Gandarío, un sitio fantástico!!!!
Ademáis de comer castañas, xogamos, cantamos e pasámolo moi ben.












sábado, 10 de junio de 2017

Visita castrexa.



Tivemos a sorte de ter na escola a visita duns castrexos que nos explicaron moitas cousas sobre como era a súa forma de vida, costumes... Poidemos observar en primeira persoa moitas das cousas e utensilios que utilizaban: peles para vestirse, ferramentas da vida cotiá, obxectos para as batallas, instrumentos musicais, xogos... Até nos explicaron como era o proceso de fabricación da cervexa naquel tempo.
E para rematar a visita desfrutamos dunha peza musical ao son das gaitas.


OS CASTREXOS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

A profe Livia fixo posible esta preciosa actividade, reunindo a membros do grupo de música tradicional SON DE LUGH e da Asociación de Recreación Histórica Castrexa LUGDUNUM.

Moitas grazas a Juan, Nacho, Manel e Livia!!!


lunes, 5 de junio de 2017

Visita ao CPI Cruz do Sar

Coma todos os anos por estas datas visitamos o "cole dos maiores", onde van a estar a partires de setembro os nosos compis de 5 anos. E, coma sempre, tratáronnos fenomenal!!! Nós puxemos o noso gran de area montando una pequena exposición cos traballos feitos ao longo deste curso nas escolas, dentro do proxecto Unha viaxe ao pasado.



martes, 21 de marzo de 2017

Unha nova Silvosiña.

Temos unha nova compi na escola. Ao principio pensamos que era un ratiño pero despois de falar un pouco, chegamos á conclusión de que era unha ratiña e que se chamaba Rosalía. A nosa amiga sabe contar, andar cara adiante, atrás virar... só temos que programala e listo! Este é o momento no que chegou á nosa escola. Xa temos unha nova Silvosiña!!! Benvida Rosalía!



Seguiremos programando!!