jueves, 27 de diciembre de 2012

Viñeron os Reis.

Recibimos ás súas Maxestades con ilusión e démoslle as nosas cartas, esperando que nos traian algunha das cousiñas que pedimos. Estabamos un pouco nerviosiños, ben se nos nota nas cariñas...


                    
Moitas grazas aos Reis polo agasallo por adiantado, un lote de libros para a escola cos que imos gozar un montón!!

Aaahhhh, nenos, nenas... recordade: os Reis non entran nas casas dos nenos que non están durmidos. 

domingo, 23 de diciembre de 2012

Facemos as portadas

Fixemos as portadas para os nosos traballiños. Vede que contentiños estamos co resultado e mirade tamén o proceso de elaboración.






PORTADAS 1º TRIMESTRE on PhotoPeach                                                                                                              

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Visita do Pandigueiro


Try our slideshow creator at Animoto.

Chegou a Silvoso o Pandigueiro, coa súa pandiga chea de froitos do Courel, onde el vive: noces, castañas, mazás... e tamén preciosos ourizos e follas. Agardábamolo impacientes e contounos un montón de cousas,   recordamos o importante que é compartir, as cousas valiosas que temos preto de nós. Agasallounos con eses froitos tan ricos, dos que levamos unha presiña para a casa.


Panxoliña

Esta panxoliña aprendémola con María, a profe de música. Mirade que formais e que ben a cantamos. Adicámoslla a María para que se recupere prontiño.

video

domingo, 16 de diciembre de 2012

Visita sorpresa

Menuda visita tan fantástica tivemos a semana pasada! Mónica, a mamá de Lola (compañeira da escola de Carrio) chegou a Silvoso cargadiña de cousas moi interesantes sobre India. Ata vimos un sari de verdade e Mónica ensinounos como poñelo. Tocamos rupias, fantásticas teas de seda, ulimos especias...e escoitamos todo con moita atención. Grazas por esta visita!!




miércoles, 12 de diciembre de 2012

12/12/12



 Hoxe é unha data especial, unha data moi DOCE, polo que decidimos que sería bo celebralo dalgún xeito.No blogue Cole de colores vimos a proposta do CPI Castro Baxoi, en Miño, e pareceunos unha excelente idea. Así que unímonos a eles e ás 12 horas, 12 minutos deste día 12 do mes 12 do ano 12, comemos xuntos algo DOCE. E como recordo desta data fixemos unhas medallas nas que pegamos o envoltorio da DOCE chocolatina que comemos.



                                      


martes, 11 de diciembre de 2012

O noso amigo Timoteo

Xa sabemos que na India, na rexión de Bengala, viven uns tigres preciosos que están en perigo de extinción. Alí fixemos nós uns amigos: Timoteo e Greti. Con Timoteo cantamos unha canción e con Greti practicamos a pronunciación de certas palabras coa mestra Dolores. Deixámosvos aquí unha fichiña coa letra da canción, que unha adaptación dun tema do grupo Mamá Cabra titulado Timoteo (do álbum Cantos Rodados). 

              


              
Tamén podedes ver un video ensaiando a canción (a capella, sen a música de fondo). Jejejeeee...non non sae nada mal!








viernes, 7 de diciembre de 2012

Personaxes do mundo



Tacháaaaaannnnn!! Aquí vos presentamos ás personaxes do conto de Madlenka que pintamos para decorar a aula. De momento temos á protagonista, Madlenka, ao Señor Gastón e ao Señor Singh. Esperamos que vos gusten!







miércoles, 5 de diciembre de 2012

Bindis e tilakas

A que estamos guap@s? Non podía ser doutra maneira porque os silvosiños son ben bonitiños, jejejejejeeeee...




domingo, 2 de diciembre de 2012

"Satsariakal", India!


Esta semana na clase de música coa profe María bailamos unha danza hindú con moito ritmo. Encántanos!!



                  

E tamén fixemos un traballiño para decorar a aula. Adiviñades quen son estes personaxes? Xa case, case os temos rematados, verédelos nos próximos días.

                  

martes, 20 de noviembre de 2012

Día Universal do neno


Cada 20 de Novembro celébrase o Día Internacional dos Deritos do Neno. Tal e como di a imaxe de arriba todos os nenos e nenas do mundo deberían ter dereitos por igual e deberían ter cubertas todas as súas necesidades básicas. Desgraciadamente non é así e debemos sensibilizarnos e loitar para intentar lograr unhas condicións de vida dignas para todos. 
No blogue Aula Tic hai un montón de fantásticos recursos para traballar este tema.

jueves, 15 de noviembre de 2012

Museos científicos


Como esta semana na que estamos é a Semana da Ciencia, a entrada é gratuita nos museos científicos de A Coruña: 


Animámosvos a facer unha visitiña, é un bo xeito de pasar a fin de semana!

lunes, 12 de noviembre de 2012

Cantar e bailar para ser máis feliz!



Hoxe Isa trouxonos un libro moi musical. Trátase de María Fumaça: cantar e bailar para ser máis feliz, un libro-locomotora de cancións con CD e DVD. O venres foi a súa presentación na Coruña, á que asistiron Isa e Cristovo e trouxeronnos un exemplar firmado por algúns dos artistas que participan neste traballo. Escoitamos algunha das súas cancións e gustounos moito esta:


domingo, 11 de noviembre de 2012

SOMOS COCIÑEIROS: CROISSANTS

O venres fixemos un obradoiro de cociña, no que elaboramos croissants. Grazas a receita que nos ensinaron os compañeiros da escola de Guísamo, ao forno que nos prestaron os compis de Vixoi e a axuda de Susana (nai de Alex e Ana) saíronnos riquísimos. 
Outra cousa máis que aprendemos con Madlenka e a súa viaxe a Francia!


CROISSANTS 

lunes, 5 de noviembre de 2012

Cristoviños

Gústanvos os nosos Cristoviños? Ao noso amigo Cristovo encántalle ter tantos amigos e estar rodeado deles, como podedes ver nas fotos. Vede que contentiño está! E nós, pasámolo bomba facendo estes mini- Cristoviños, que levaremos para as nosas casas.





jueves, 25 de octubre de 2012

Máscaras??



Grrrrrrrr!!!!
 Damos medo, non si? E que nos esmeramos tanto facendo estas máscaras que parecen de verdade!
Menos mal que xa sabemos que os dinosaurios se extinguiron, que senón....








lunes, 22 de octubre de 2012

TRICERATOPS




Montamos en cartolinas de cores un

TRICERATOPS mobil.

 Xa sabemos que a súa característica principal é que ten 3 cornos, por iso escribimos este número, tamén o seu nome e, por suposto, cada un pintouno como máis lle gustou. Un traballo ben completiño!!!









jueves, 27 de septiembre de 2012

Proxecto Dinosaurios



Estamos comezando un novo proxecto sobre os DINOSAURIOS. É un tema que suscita moito interese, xa temos un montón de materiais que van aportando @s nen@s. Deixovos unha mostra dalgunha das actividades que imos facendo.











O aperitivo de Monkey


O outro día Cova deulle a probar a Monkey un iogur de plátano e... ENCANTOULLE!! Como mañá veñen a Silvoso, xa nos contarán se seguiu comendo así de ben.

martes, 18 de septiembre de 2012

Comezamos pasiño a pasiño

O período de adaptación está sendo moi satisfactorio. Os nenos e nenas que se incorporan á nosa escola están comportándose como verdadeiros campións, despois de superar algún disgustiño nos primeiros momentos. Pouco a pouco imos iniciando pequenas tarefas e poñendoos en contacto con novos materiais atractivos para eles. Hoxe experimentamos con pintura, con pincel e coas mans. Mirade as fotos.

PINTAMOS E ESTAMPAMOS on PhotoPeach

jueves, 6 de septiembre de 2012

Reunión de principio de curso.



O próximo LUNS día 10 de setembro ás 10 da mañá, terá lugar a reunión de principio de curso na nosa escola.
Benvidos a este novo curso 2012/13.

viernes, 22 de junio de 2012

Rematou o curso.

Hoxe foi o último día de escola, un día emocionante para todos pero en especial para os que rematan o ciclo de infantil. Quixemos que fose un día especial e Joanne, a nai de Benjy, axudounos neste cometido. Veu a contarnos un conto en inglés que nos gustou moito, moito. Ademáis fixemos unha pequena festa de despedida de curso na que comemos, cantamos, bailamos, xogamos....
 Moitas grazas Joanne por compartir ese contiño con nós!!

 


Finaliza un curso moi especial para min, posto que os cativiños que hoxe remataron o ciclo e máis eu chegamos xuntos a Silvoso. Moitísima sorte na súa nova andaina a Benjy, Ángel, Ángela, Miki, Fátima, Carmen e Sara. A eles e ás súas familias vai adicado este video.


video

Bo verán a tod@s @s silvosiñ@s!!

miércoles, 20 de junio de 2012

Un conto nun pequeno papel.

Hoxe a profe Cova deunos unha surprise moi, moi fermosa. Veu á nosa escola acompañada da súa amiga Alicia, que nos deixou coa boca aberta cun conto narrado por ela mesma. Cun anaquiño de papel que cabía nunha man, foinos contando a historia dun rei que perdera a súa coroa. O pequeno papeliño ía cambiando de forma nas súas mans, transformándose en diferentes obxectos e personaxes do conto. Nunca nos contaran un conto deste xeito e así, sen imaxes e deixando voar a imaxinación, estivemos superatentos, sorprendidos, abraiados...sen deixar escapar detalle. Case non pestenexábamos!!

Un conto nun papel on PhotoPeach

Moitas grazas a Cova e, por suposto, a Alicia, unha excelente contacontos. 

domingo, 17 de junio de 2012

Protección Civil na escola.

Como nos gustou a visita que tivemos o xoves na escola!! Estabamos emocionados xa que os membros de Protección Civil de Bergondo viñeron a falarnos sobre o seu traballo e prevención de riscos na casa, nas vías públicas... e por suposto, ademáis disto, tamén probamos os seus traxes, observamos atentamente o camión e as ferramentas de traballo e fixemos prácticas coa mangueira!!


Pincha na foto para ver un video
Moitas grazas!!

miércoles, 13 de junio de 2012

As nosa Maruxas.

Hai uns días a profe Isa trouxonos unha historia moi bonita dun artista galego que se chamaba


LUIS SEOANE

Non soamente se adicaba á pintura, tamén era escritor de poesía, narrativa, teatro... Como estamos tan metidos na arte, coloreamos unha figura feminina deste artista, puxémoslle unha saia e decorámola con pompóns de cores. Chamámoslle Maruxa, igual que a súa muller.


          

domingo, 10 de junio de 2012

O "cole dos maiores".

A xornada de convivencia no Cruz do Sar do pasado mércores foi sensacional. Coma sempre, mestres e alumnos esforzáronse moito para que esa xornada fora inolvidable para todos. Tíñannos preparada unha visita guiada polo centro: estivemos na biblioteca escoitando un conto cheo de maxia, vimos a sala de profes, a secretaría, o despacho do dire...; tamén o laboratorio, a aula de tecnoloxía e a aula de música, onde os alumn@s maiores e a súa profe Silvia nos ofreceron unha actuación que nos deixou coa boca aberta. Poidemos contemplar os traballos sobre ARTE de todos os nenos e nenas do cole e tamén os nosos, preciosísimos todos. Para repoñer forzas degustamos no comedor un menú do máis artístico e rematamos a xornada no pavillón xogando todos xuntos.




Chegamos un pouquiño cansos pero mereceu a pena porque o pasamos xenial!! Moitas grazas a tod@s @s (mestres, alumn@s, persoal do comedor...) que fixeron que este día fose tan especial para nós!

jueves, 7 de junio de 2012

Proximamente... veremos a visita ao cole.

Estamos en pleno proceso de edición e intercambio dos documentos gráficos da visita ao CPI. En breve estarán listas as fotos e faremos unha entrada para mostrar o ben que o pasamos. Pero se queredes un adianto, visitade os blogues da Biblioteca e de Audición e Linguaxe. Picade nas imaxes.







martes, 5 de junio de 2012

Día Mundial do Medio Ambiente.

No día de hoxe falamos na escola do significado deste día e da importancia de coidar a Terra, o noso planeta, o medio onde vivimos. Temos bastante claro moitas cousas, que fomos dicindo na conversa grupal, cousas coma estas:
  • NON TIRAR COUSAS AO MAR.
  • NON PRENDER LUME.
  • COIDAR AS ARBORES.
  • NON TIRAR LIXO Á NATUREZA.
  • COIDAR AOS ANIMAIS.
  • RECICLAR.
  • NON DESTRUIR OS BOSQUES. 
Lembrámonos das Fragas do Eume, do lume que hai pouco destruiu parte delas. Esperamos que sucesos coma ese non se repitan nunca máis, porque aos nen@s de Silvoso gústanos poder pasear, xogar e desfrutar da natureza.


Fragas do Eume

Fragas do Eume.

lunes, 28 de mayo de 2012

Os gatiños pequeniños.

A gatiña que sempre pasa pola nosa escola tivo gatiños. Son 2, un de cor naranxa e outro gris. Hoxe cando chegamos estaban na porta. Son moi pequeniños e moi bonitiños.
 Que sorpresa!!


Aproveitando esta situación tan motivadora para os nenos, foron eles os autores desta entrada.