jueves, 27 de diciembre de 2012

Viñeron os Reis.

Recibimos ás súas Maxestades con ilusión e démoslle as nosas cartas, esperando que nos traian algunha das cousiñas que pedimos. Estabamos un pouco nerviosiños, ben se nos nota nas cariñas...


                    
Moitas grazas aos Reis polo agasallo por adiantado, un lote de libros para a escola cos que imos gozar un montón!!

Aaahhhh, nenos, nenas... recordade: os Reis non entran nas casas dos nenos que non están durmidos. 

domingo, 23 de diciembre de 2012

Facemos as portadas

Fixemos as portadas para os nosos traballiños. Vede que contentiños estamos co resultado e mirade tamén o proceso de elaboración.






PORTADAS 1º TRIMESTRE on PhotoPeach                                                                                                              

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Visita do Pandigueiro


Try our slideshow creator at Animoto.

Chegou a Silvoso o Pandigueiro, coa súa pandiga chea de froitos do Courel, onde el vive: noces, castañas, mazás... e tamén preciosos ourizos e follas. Agardábamolo impacientes e contounos un montón de cousas,   recordamos o importante que é compartir, as cousas valiosas que temos preto de nós. Agasallounos con eses froitos tan ricos, dos que levamos unha presiña para a casa.


Panxoliña

Esta panxoliña aprendémola con María, a profe de música. Mirade que formais e que ben a cantamos. Adicámoslla a María para que se recupere prontiño.

video

domingo, 16 de diciembre de 2012

Visita sorpresa

Menuda visita tan fantástica tivemos a semana pasada! Mónica, a mamá de Lola (compañeira da escola de Carrio) chegou a Silvoso cargadiña de cousas moi interesantes sobre India. Ata vimos un sari de verdade e Mónica ensinounos como poñelo. Tocamos rupias, fantásticas teas de seda, ulimos especias...e escoitamos todo con moita atención. Grazas por esta visita!!




miércoles, 12 de diciembre de 2012

12/12/12



 Hoxe é unha data especial, unha data moi DOCE, polo que decidimos que sería bo celebralo dalgún xeito.No blogue Cole de colores vimos a proposta do CPI Castro Baxoi, en Miño, e pareceunos unha excelente idea. Así que unímonos a eles e ás 12 horas, 12 minutos deste día 12 do mes 12 do ano 12, comemos xuntos algo DOCE. E como recordo desta data fixemos unhas medallas nas que pegamos o envoltorio da DOCE chocolatina que comemos.



                                      


martes, 11 de diciembre de 2012

O noso amigo Timoteo

Xa sabemos que na India, na rexión de Bengala, viven uns tigres preciosos que están en perigo de extinción. Alí fixemos nós uns amigos: Timoteo e Greti. Con Timoteo cantamos unha canción e con Greti practicamos a pronunciación de certas palabras coa mestra Dolores. Deixámosvos aquí unha fichiña coa letra da canción, que unha adaptación dun tema do grupo Mamá Cabra titulado Timoteo (do álbum Cantos Rodados). 

              


              
Tamén podedes ver un video ensaiando a canción (a capella, sen a música de fondo). Jejejeeee...non non sae nada mal!








viernes, 7 de diciembre de 2012

Personaxes do mundo



Tacháaaaaannnnn!! Aquí vos presentamos ás personaxes do conto de Madlenka que pintamos para decorar a aula. De momento temos á protagonista, Madlenka, ao Señor Gastón e ao Señor Singh. Esperamos que vos gusten!







miércoles, 5 de diciembre de 2012

Bindis e tilakas

A que estamos guap@s? Non podía ser doutra maneira porque os silvosiños son ben bonitiños, jejejejejeeeee...




domingo, 2 de diciembre de 2012

"Satsariakal", India!


Esta semana na clase de música coa profe María bailamos unha danza hindú con moito ritmo. Encántanos!!



                  

E tamén fixemos un traballiño para decorar a aula. Adiviñades quen son estes personaxes? Xa case, case os temos rematados, verédelos nos próximos días.