sábado, 30 de marzo de 2013

Ovos de Pascua.

Como sabedes, estamos metidos de cheo en Alemania e como nos contou a nosa amiga Karina, alí hai moita tradición da Pascua, dos ovos de chocolate, dos coelliños... Por isto, e para celebrar a chegada da Primavera, quixemos decorar uns ovos de galiña (previamente baleirados). A nós gustounos moito facelos, levamos para a casa un par deles en forma de ramiño, lástima que á profe lle esquecera de facer a foto co resultado final!! Aaaiii que cabeciñaaaaa!!


Portadas dos traballos.

Fixemos unhas portadas para os traballos do 2º trimestre moi coloridas e primaverais, a ver se o bo tempo se vai  animando a vir e quedarse.








Con inspiración Mimadriña!!

jueves, 21 de marzo de 2013

Protección Civil.

Recibimos con moito gusto, e por segundo ano, aos membros de Protección Civil de Bergondo. Aprendemos moitas cousas novas e recordamos outras sobre sobre prevención de accidentes, seguridade vial...ademáis fixemos un simulacro e xa sabemos perfectamente como temos que actuar se se produxera unha emerxencia. Vestímonos coas súas roupas de traballo, observamos atentamente todas as cousas do camión... en fin, soamente nos queda darlle as grazas a todas estas persoas que se ocupan da nosa protección e asistencia cando o precisamos.


PROTECCIÓN CIVIL on PhotoPeach

sábado, 16 de marzo de 2013

Seguimos en Alemania.

Quedamos encantados con dúas visitas que tivemos en Silvoso. Un día veu Karina, quen nos contou que nacera en Alemania e pasara alí a súa nenez. Ensinounos fotos do seu cole cando era nena e contounos moitísimas cousas, entre elas algúns costumes e tradicións que ela mesma viviu. Tivemos a oportunidade de escoitar un fragmento do conto de Hansel e Gretel en alemán, cunha pronunciación perfecta. Aprendemos moitas cousas que non sabiamos e pasámolo de marabilla con Karina. Moitísimas grazas!!


Tamén recibimos a visita de Manuel, o papá do noso Manuel. El tamén naceu en Alemania e con el aprendemos a pronunciar moitas palabras en alemán, ademáis de ver como se escriben. Graciñas a ti tamén Manuel!



martes, 12 de marzo de 2013

Chegamos a Alemania.

Estamos en Alemania dende hai uns días. Aprendemos xa moitas cousas, que vos iremos contando proximamente.
Primeiro, situámola no mapa e fixemos o puzzle da bandeira.





   A profe Eva invitounos a BRETZELS.




E escoitamos as historias da avoa GRIMM  e os seus fillos, os irmáns GRIMM.


E recibimos dúas visitas mooooii especiais.
Nuns días... máis!














miércoles, 6 de marzo de 2013

Fixemos pizza.

Aquí redes o proceso de elaboración da nosa pizza. Non é por nada pero... estaba boísimaaaa!!

FACEMOS PIZZA on PhotoPeach

Despois traballamos a receita sobre o papel. Aquí a tedes, con dous modelos de ficha dos "ingredientes".




martes, 5 de marzo de 2013

Italia

Xa imos marchando de Italia, xa sabemos moitas cousas sobre ese país. Chamounos moito a atención a súa forma de bota e localizámola deseguida na bola do mundo.



Ten cidades moi importantes como Florencia, Venecia, Milán... A súa capital, ROMA, está chea de monumentos moi importantes. Daniel trouxo moitas fotos desta cidade.


Alex e Ana deixáronos tocar o fociño do seu Porcellino, amosáronnos unha preciosa peza de artesanía de Monreale e tamén tivemos a oportunidade de ver como eran as liras italianas.




E seguindo coa artesanía, Mateo amosounos un colgante de cristal de Murano. Vimos nun video o difícil que é traballar o cristal.


Javier trouxo á escola unha mini Torre inclinada de Pisa e xa sabemos que é o campanario da catedral.




Tamén aprendemos que  DAVID é unha enorme obra de arte feita por Miguel Anxo, en mármore, e que está en Florencia. É unha escultura admirada por moitas persoas a diario.



Mide en torno aos 5 metros. Aproveitamos entón para medirnos nós e compararnos con DAVID. Si que é enormeeee!!!

E, como non, a historia de Rómulo e Remo e a loba capitolina.
Por suposto non nos esquecimos da gastronomía. Raviolis, espaguettis, macarróns... e a riquísima pizza que eleboramos e comemos na escola. Poderédelo ver na seguinte entrada.


Arrivederci!!