viernes, 26 de abril de 2013

Facendo un Maio.

Con estes días que tivemos de bo tempo, xa nos emocionamos e, como temos ás portas o mes das flores, decidimos poñernos a facer un Maio. Seguimos as indicacións que nos deron desde a escola de Vixoi, xa que eles fixeron un que lles quedou moi bonito. Aquí deixamos unhas fotos da elaboración, aínda non rematamos pero xa queda pouco...



miércoles, 17 de abril de 2013

UNHA VIAXE A EXIPTO.

Mirade que cousas tan interesantes viñeron a contarnos Llésica e Sara, a mamá e a irmán de Daniel que, por certo, será a nosa compañeira o próximo curso. Amosáronnos fotos, diferentes cousas e historias dunha fermosa viaxe polo Nilo.


COUSAS DE EXIPTO on PhotoPeach

Moitas grazas á familia de Daniel!!

lunes, 15 de abril de 2013

A África con Madlenka.

Da man da nosa amiga Madlenka adentrámonos nun novo continente: África, lugar cheo de contrastes, moi heteroxéneo, variadísimo en paisaxes e culturas. Estamos centrados nun país moi atractivo, sobretodo pola súa historia e os seus monumentos. Como punto de partida escribimos na pizarra o que sabiamos deste país e xa comezamos a traer información.





jueves, 11 de abril de 2013

Mil barquiñas de papel.

Unha vez unha nena chamada Sadako, argallou 1000 grullas para conseguir a Paz no mundo. 

Dende o blogue Mimadriña faise unha fermosa proposta, facer 1000 barquiñas de papel por unha escola pública de calidade e polo enorme valor das escolas como as do noso CRA, as escolas rurais

Aquí tedes un pequeno fragmento da información. Se a queredes ver toda, ben completiña, picade na imaxe.

Hoxe presentóvos unha proposta moi emocionante, un reto, un xogo, unha reivindicación: 1000 barquiñas de papel van polo Miño abaixo cos desexos de reivindicar unha  educación pública, de calidade, que aposte polo territorio, polo enorme valor das escolas rurais, polo importante papel que tiveron e teñen neste  pais, ás que se lle pode sumar esta frase de Jose Antonio Marina, escolas rurais   “como sementes de cambio que, de savia vigorosa, sexan capaces de comerse tanta cizaña mediática que fai cambalear a esperanza de que a educación pode transformar un futuro que vemos tan incerto.” 



En Silvoso, aproveitando que xa chegamos a Exipto,  comezamos a facer barquiñas. E seguiremos....