jueves, 11 de abril de 2013

Mil barquiñas de papel.

Unha vez unha nena chamada Sadako, argallou 1000 grullas para conseguir a Paz no mundo. 

Dende o blogue Mimadriña faise unha fermosa proposta, facer 1000 barquiñas de papel por unha escola pública de calidade e polo enorme valor das escolas como as do noso CRA, as escolas rurais

Aquí tedes un pequeno fragmento da información. Se a queredes ver toda, ben completiña, picade na imaxe.

Hoxe presentóvos unha proposta moi emocionante, un reto, un xogo, unha reivindicación: 1000 barquiñas de papel van polo Miño abaixo cos desexos de reivindicar unha  educación pública, de calidade, que aposte polo territorio, polo enorme valor das escolas rurais, polo importante papel que tiveron e teñen neste  pais, ás que se lle pode sumar esta frase de Jose Antonio Marina, escolas rurais   “como sementes de cambio que, de savia vigorosa, sexan capaces de comerse tanta cizaña mediática que fai cambalear a esperanza de que a educación pode transformar un futuro que vemos tan incerto.” 



En Silvoso, aproveitando que xa chegamos a Exipto,  comezamos a facer barquiñas. E seguiremos....



5 comentarios:

  1. Uau, paréceme unha iniciativa marabillosa! Graciñas por informarnos. Unha gran aperta.

    ResponderEliminar
  2. ¡Unha iniciativa ben fermosa! Seguireina atentamente. O vindeiro luns enseñarédesme as barquiñas que tedes feitas. ¡Biquiños!

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas Rosa por falarnos desta iniciativa, Monkey e eu xa temos as nosas barquiñas "little boats" para sumarnos. Kisses!

    ResponderEliminar
  4. Moitísimas grazaspor participar, foi toda unha experiencia recibir tanta ilusión na casa! Eu ainda sigo impresionada ca beleza de conseguir tanto cunha folla de papel! Seguide así e dende agora quedome co voso blo!Un bico para todos e todas de palmira.

    ResponderEliminar
  5. Un bico para ti tamén Palmira! Gustounos moito aprender a facer barquiñas de papel e se é por unha causa coma esta, aínda máis!!!

    ResponderEliminar