sábado, 22 de junio de 2013

Boas vacacións a todos!!

Dende Silvoso queremos desexarvos unhas felices vacacións a todos: os que visitades o blogue, ás familias e aos compañeir@s e profes das outras escolas do CRA de Bergondo.


Seguimos co San Xoán.

Como última actividade "formal" do curso (festas aparte) decoramos unha sardiña para o San Xoán, multicolor e multicultural, xa que este curso andamos tanto polo mundo....






POLO SAN XOÁN... A SARDIÑA MOLLA O PAN!

San Xoán.

Para rematar o curso, que mellor que facelo falando dunha das festas máis máxicas e con moita tradición: o San Xoán. No blogue mestra de apoio atopamos moita información sobre esta festa e na nosa biblioteca de aula buscamos o libro do San Xoán, elaborado o curso pasado dende as TICs do noso centro.


Recordamos os nomes das 7 herbas miragreiras e buscámolas entre outras que había nun herbario que trouxo a profe. Non se nos deu mal a cousa!


Tamén aprendimos que tres cousas teñen en común estas herbiñas: 
  • Todas son medicinais.
  • Todas teñen un cheiro especial.
  • E, o máis importante, son as mellores para rexeitar e manter alonxados os seres maléficos.
Papis e mamis: recordade poñer as herbiñas en auga para que os Silvosiños laven as cariñas o día do San Xoán. Boa festa a todos!!



martes, 11 de junio de 2013

Máis cebras!

A cebra Camila, dende o seu conto, mandounos esta máscara coa que nos divertimos representando o conto e xogando a ser cebras. Pasámolo moi ben, aínda que algúns non nos atrevemos a sacar a foto...







jueves, 6 de junio de 2013