lunes, 28 de octubre de 2013

Froitos de outono.


Entre outras moitas cousas que estamos aprendendo sobre o outono, tamén temos un ratiño para falar dos froitos da estación. Xa sabemos máis que de sobra que a castaña e o "producto estrela" do outono pero tamén sabemos doutros coma as avelás, noces, mandarinas, mazás, uvas e... o millo. A profe Alba, que veu de visita á nosa escola, explicounos con imaxes o proceso do millo, dende que se sementa ata que chega ás nosas mesas. Tamén nos ensinou unha canción (Pan de millo, de Migallas) que nos encanta. E cunha mazaroca que tiñamos na escola esfollamos e debullamos. Agora queda moer no muíño e peneirar a fariña. Escoitade un anaquiño da canción picando aquí e mirade as fotos, que esperamos vos gusten!









martes, 15 de octubre de 2013

Lavamos as mans.

Hoxe é un Día Mundial do lavado de mans. Este xesto tan simple pode ser a clave de supervivencia de moitas persoas do mundo. Este día quere ser un recordatorio da importancia desta práctica.
“El principal mensaje que queremos hacer llegar es la importancia del lavado de manos, pero no cualquier enjuague rápido: es importante lavarse las manos correctamente con agua y jabón en momentos clave del día. Estos momentos clave son: antes de cocinar o preparar alimentos, antes de comer y después de ir al baño o de limpiar a un bebé”, indica Therese Dooley, del Programa sobre Saneamiento e Higiene de UNICEF. El lavado de manos con agua y jabón es una de las maneras más efectivas y baratas de prevenirenfermedades diarreicas e infecciones respiratorias agudas. Estas enfermedades causan la muerte de 3,5 millones de niños y niñas cada año y afectan a la salud de millones más, tanto en países en desarrollo como en países industrializados. El acceso al jabón no es siempre fácil en muchos lugares del mundo. En países como Etiopía mucha gente utiliza cenizas o arena para su aseo personal, porque no pueden obtener jabón.

Información recollida en http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/dia-mundial-del-lavado-de-manos

En Silvoso conmemorámolo falando, cantando, actuando e plasmando as nosas mans de cores en cartolina.






No blogue da Biblioteca, Cristovo tamén fala do tema e invita a escoitar unha canción dos Lunnis, que xa coñecemos e tanto nos gusta. Picade aquí.



Todo o mundo a lavar as mans!



jueves, 10 de octubre de 2013

O outono outra vez...

Chegou o outono e en Silvoso, coa axuda da profe Dolores, traballamos un poema moi chulo de Lorca que aprendimos enseguida. Xa sabedes que somos moi artistas, encántanos cantar, recitar, dramatizar.... aquí tedes a mostra.



video

martes, 8 de octubre de 2013

Outra visita esperada.

Os primeiros días de escola veu o noso amigo Cristovo (coa profe Isa) a visitarnos e coñecer aos novos compañeiros. Recordamos a súa historia, cómo chegou ao noso CRA e contounos o conto do Coelliño Branco, de Xosé Ballesteros.



Onte volveron cun conto precioso que algúns recordabamos. Titúlase Pequeno azul e pequeno amarelo, de Leo Lionni. É a historia de dous amigos, o azul e o amarelo e de como se volveron verdes. Mesmo poidemos comprobalo coas nosas propias mans.





lunes, 7 de octubre de 2013

Manuel bibliotecario.

Xa comezamos o préstamo dos libros de Cristovo e, como todos sabedes, cada semana un de nós será o encargado de que todo estea en orde. O primeiro bibliotecario deste curso foi Manuel, mirade que concentrado fai o seu traballo.


viernes, 4 de octubre de 2013

O mural de globos.

Sempre facemos, nos primeiros días de curso, un mural dos Silvosiños para ir coñecéndonos mellor e familiarizarnos cos materiais (sobretodo pensando nos nenos e nenas que se escolarizan por primeira vez). 


Este foi o proceso:

video