viernes, 29 de noviembre de 2013

O noso amigo o ratiño xaponés.

No blogue O son do CRA tedes a canción do ratoncito japonés que non ensinou a profe María. Veredes que video tan fermoso temos para aprender esta canción. Picade na imaxe.


viernes, 22 de noviembre de 2013

Judo, un deporte de Xapón



O judo é un deporte olímpico de orixe xaponés, que conta cun número importante de practicantes en todo o mundo. En Silvoso estes días estamos aprendendo moitas cousas sobre esta arte marcial, e mesmo nos convertimos en judocas por un momento.
Por suposto, xa sabemos os nomes da vestimenta:


Fixemos un xogo coas cores do obi, que corresponden a diferentes graos na práctica do judo, e esta actividade plasmámola despois no papel.








E aquí nos tedes vestidos de judocas



viernes, 8 de noviembre de 2013

En Xapón andamos...

Como sabedes, estamos no "País do Sol Naciente", en Xapón, aprendendo e disfrutando de moitas cousas.
Alex e Ana  trouxeron un fermosísimo mapa feito por eles e a súa familia, co que xogamos a situar os sitios máis destacados do país.






 Manuel explicounos, entre outras cousas, como e que comen os xaponeses e regalounos uns palillos. Pero primeiro utilizámolos para merendar na escola!!



Dani e Sara ensináronnos a facer origami.


Vega explicounos a tradición dos koinobori que, por certo, podedes consultar tamén aquí


E Adrián aportou un libro dos Lunnis no que descubrimos un montón de cousas.


Por certo, Isa e Cristovo tamén trouxeron a súa boneca xaponesa, traída directamente de Xapón!!



Non deixedes de visitar O mundo enteiro, alí tedes unha entrada moi completa,  que seguro vos gustará.




Magosto 2013.





Deixamos aquí unha mostra do ben que o pasamos na celebración do Magosto na Senra. Primeiro vimos un contacontos que nos gustou moito e... ata saimos ao escenario!!! Despois fomos ver as cabazas da exposición do cole dos maiores e por último comemos as castañas, que estaban...mmmmmmmmm