domingo, 28 de diciembre de 2014

Chegaron os Reis a Silvoso.

Cando estabamos celebrando a festa de Nadal na escola, chegaron os Reis, moi cansos e famentos pero tamén cargadiños de bo humor e algún agasallo. Convidámolos a comer algo, cantámoslle panxoliñas e entregámoslle as nosas cartas coas nosas peticións. Por se non se enteraron (que estamos seguros de que si) recordamos que todos os Silvosiños e as profes fomos MOI BOS!!! 


jueves, 18 de diciembre de 2014

Visitounos o Pandigueiro.

Como todos os anos, recibimos nerviosos e entusiasmados a visita do Pandigueiro (ou Apalpador) que viña das montañas do Courel acompañado de Alicia, a súa axudante. Recordounos a importancia de alimentarnos ben para ter as barriguiñas mantidas, o valor de compartir e de coidar e respectar ao máximo a natureza.



Fixemos uns debuxos do Pandigueiro que nos quedaron fenomenal!



viernes, 12 de diciembre de 2014

O pirata mariñeiro.

Veu da man da mestra Dolores un mariñeiro que antes foi pirata. Cambiou o seu barco pirata por unha barquiña e a súa espada por unha rede coa que pesca lerias e adiviñas. Dolores preparoulle un recuncho na aula moi acolledor, no que iremos poñendo todas as lerias que nos traia e que, por suposto, aprenderemos. 

Benvido Pirata Mariñeiro!!!







lunes, 8 de diciembre de 2014

Nadal mariñeiro.

Vega e a súa familia fixeron na casa esta preciosa árbore de Nadal mariñeira, 100% bergondesa, xa que os materiais foron recollidos por eles mesmos na praia de Gandarío. A que é preciosa???
Non podiamos ter unha árbore máis xeitosa!!!



lunes, 1 de diciembre de 2014

Mouchiños nadaleiros.

Hoxe ímosvos ensinar os mouchiños que fixemos a semana pasada. Como hoxe empeza o mes do Nadal decoramos con eles unha árbore un tanto orixinal (reciclaxe total!), a nosa árbore de Nadal. Cada un dos mouchiños ten dentro unha sorpresiña, que será para @ encargad@ do día. Hoxe tocoulle estrenalo Javi.




miércoles, 26 de noviembre de 2014

viernes, 21 de noviembre de 2014

Visita á Coruña

Xa vos diciamos onte que esta semana está sendo moi intensa. Se o martes tivemos a visita da Capitana Lucía, ao día seguinte fomos á Coruña a visitar o Museo de Belas Artes, concretamente a exposición O mar no museo. Vimos obras de arte de temática mariña e posteriormente fixemos un obradoiro. 
Aproveitamos a ocasión para facer un "tour" pola Coruña, vendo lugares que estamos a traballar nas aulas e comprobamos in situ o grande que é a Torre de Hércules e o preciosa que é a Rosa dos Ventos.
Esperamos que vos gusten estas presentacións de fotos da nosa visita.



jueves, 20 de noviembre de 2014

Visita da Capitana Lucía.

Esta semana está sendo  moi emocionante. O martes recibimos a visita dunha Capitana de barco, Lucía, que nos ensinou moitas cousas sobre diferentes tipos de barcos. Entre outras cuestións, explicounos o que era unha bitácora e agasallounos cun caderno de bitácora para cada un, para poder ir enchendo de anécdotas, curiosidades e cousas que nos chamen a atención ao longo da nosa viaxe polos mares. E prestounos a súa gorra de auténtica Capitana para nomearnos Capitáns de honra e sacarnos unha fotiño para a posteridade. Aquí tedes as fotos.





 
           





 Moitas grazas Lucía pola túa visita!!! Agora si que estamos preparados para navegar!!!



jueves, 13 de noviembre de 2014

Lugrís, o pintor do mar galego.

Descubrimos a Urbano Lugrís, un pintor galego que pintaba o mar, ás súas personaxes, os seus mitos, as súas lendas... Imos visitar o Museo de Belas Artes de A Coruña e alí veremos esta obra, entre outras. Titulouna Mariña surrealista. 
Se picades na imaxe poderedes acceder a un video con moitas obras deste artista, todas vinculadas ao mar, un dos seus temas favoritos.

Video realizado polo equipo de Biblioteca do CEIP Mestres Goldar.

viernes, 7 de noviembre de 2014

A misteriosa mazá



Coñecendo A Coruña atopamos un dos museos científicos da cidade: A casa das Ciencias ou Planetario. Vimos que é un edificio moi bonito cunha cúpula e chamounos a atención unha mazá na súa fachada ( ¿unha mazáaa???). Entón xurdiu a pregunta: por que na Casa das Ciencias hai unha mazá? Interesante, non si? Que mellor maneira de averigualo que investigalo coas nosas familias, de modo que preparamos esta tarefa para levar á casa e compartir os resultados na clase ao día seguinte.












Agora xa sabemos cal é o motivo. O "culpable" foi Isaac Newton e o seu descanso debaixo dunha maceira, que o levou a formular a lei da Gravidade. Un científico importantísimo!!!! Cada un ensinou o seu traballo de investigación (por certo, todos fenomenal!) e comentamos os resultados na asamblea.

Aproveito esta entrada para recordar que, con motivo da semana da ciencia, do 10 ao 16 de novembro a entrada será gratuita nos Museos Científicos Coruñeses: Aquarium, Casa das Ciencias e Domus.


martes, 4 de noviembre de 2014

Magosto e Samaín

Coma todos os anos, fomos a celebrar o Magosto á Senra e non podiamos deixar de ver a magnífica e terrorífica exposición de cabazas do CPI Cruz do Sar. Tivemos un día fantástico, parecía un magosto en agosto, jejejeeee...
Tamén presenciamos unha actuación do grupo de teatro Trompicallo: O día que chegou unha nube e choveu, que nos transmite a idea de que sen auga non hai vida.
Foi unha xornada xenial!!!



viernes, 31 de octubre de 2014

Feliz Samaín!!!

A que dan moito medo as nosas cabazas? Pasámolo fenomenal traballando o Samaín e o Halloween, coa profe Cova.




Por ser o pequeno da nosa escola, aproveitamos esta entrada para felicitar a Hugo que hoxe, día do Samaín, cumple 3 anos.                                                     Felicidades!!!!!

martes, 28 de octubre de 2014

Arañas lambonas


Estas arañas de Silvoso son unhas lambonas. Viron que a profe tiña gardados nun caixón uns poucos lacasitos e.... tivemos que darlles uns pouquiños!!! Vaia, vaia....




O caso é que se queremos recuperar os nosos lacasitos temos que abrir as arañas, pero... cómo faremos? Levarémolas para a casa no Samaín... aguantaremos sin abrilas??? 

miércoles, 15 de octubre de 2014

martes, 14 de octubre de 2014

Cristoviños.

Para iniciar a viaxe polas augas do planeta fixemos cada un de nós un Cristoviño reciclando materiais, coa axuda da profe Isa.






miércoles, 8 de octubre de 2014

Que é iso do Planeta Azul?

Comezamos o novo proxecto deste curso no CRA de Bergondo, O Mar enteiro. Viaxaremos polo planeta azul coa intención de coñecer e aprender moooitaaas cousas sobre a vida en mares e océanos. Para elo necesitabamos saber: que é iso do planeta azul?


Para sabelo visitamos o blogue O Mundo Enteiro e a súa magnífica entrada sobre o tema. Fixemos uns puzzles que nos encantaron!!!










Por suposto, Cristovo tamén nos acompaña na nosa viaxe e xa nos trouxo algún dos seus tesouros, que ten gardados no seu cofre de pirata. Volveunos a contar a súa historia e deixounos un exemplar de agasallo.





Que ben o imos pasar e canto imos aprender!! Invitámosvos a viaxar con nós!!!
 Benvidos a bordo!!!