martes, 25 de febrero de 2014

LIM ENTROIDO

A mestra Dolores achegounos a algunhas figuras do entroido galego cun proxecto que nos está gustando moito e co que seguimos traballando. Atrevinme a facer o meu primeiro libro LIM (e a publicalo) sobre o tema, espero que vos guste pero prometo ir mellorando!
Clicade no icono de pantalla completa (arriba, dereita) e así verédelo mellor.

Martes o Meco di...

Onte con algo na cabeza. Hoxe, ademáis....


Todos e todas cumplimos os mandatos do Meco, mirade que guapos!!










                                         

 

Mañá máis!!!!


lunes, 24 de febrero de 2014

Comeza o Entroido!! O Meco di.....

O noso Meco (un tanto peculiar, jejeje) apareceu na clase cun carteñiño que recordaba o que debemos facer hoxe.


Así de guapos estabamos todos!


lunes, 10 de febrero de 2014

Recordando a Xapón: kamishibai colectivo.




Na nosa estancia en Xapón coñecimos o Kamishibai, que é unha forma de contar contos moi popular nese pais. Consiste en narrar un conto ou historia nun teatriño (butai) no que se colocan as láminas, que se van deslizando e pasando según vai discurrindo a historia. O narrador vai lendo o texto que está no reverso mentres os nenos contemplan os debuxos. Decidimos facer un kamishibai colectivo entre todas as escolas do CRA e a experiencia resultou mooooi positiva porque entre outras moitas cousas (e para min, a máis importante) foi que os nenos disfrutaron un montón coa actividade e disfrutan vendo o traballo colectivo final. Aquí tedes as fotos da lectura do conto na nosa escola. Prometemos facer unha entrada contando a historia.

      

viernes, 7 de febrero de 2014

Xogamos e aprendemos.

Na nosa viaxe polo mundo con Madlenka estamos instalados nos Estados Unidos, na impresionante cidade de Nova York. Tendo en conta as previsións meteorolóxicas, non está de máis propoñervos algunhas alternativas para "capear o temporal".
No blogue O mundo enteiro tedes unha entrada moi completa dos Estados Unidos, na que atoparedes informacións traballadas nas aulas,  xogos, fotos, videos... Premede na imaxe e veredes que chulada!


No blogue de Audición e Linguaxe tedes un xogo imprimible de elaboración propia para praticar o R forte. Unha boa forma de pasar un ratiño nestes días, aos nenos encántalles!
Picade na imaxe e a xogar!!


miércoles, 5 de febrero de 2014