domingo, 30 de marzo de 2014

A lenda do Machu Picchu.

Dennisa, a mamá de Antón, contounos a lenda de Manco Capca e Mamá Ocllo. Así coñecemos a orixe da cidade de Cuzco e do Machu Picchu. Tamén nos contou máis cousas do seu pais de orixe, Perú







Quedamos encantados coa visita, moitas grazas Dennisa!!!


viernes, 28 de marzo de 2014

Visita de Lía.

Hai uns días veu a visitarnos unha prima de Vega que se chama Lía. Ela é unha veterinaria que estivo traballando en Brasil e Perú e visitounos para contarnos un montón de cousas das súas viaxes e amosarnos algúns recordos que trouxo de alí. Estivemos atentísimos, porque nos gustou moito todo o que nos contou e amosou. Encantounos a túa visita Lía, moitas grazas!!



Visita de Lía from Escola de Silvoso on Vimeo.






martes, 11 de marzo de 2014

Entroido.

Como xa comentamos na entrada anterior, este Entroido traballamos algunhas das tradicións galegas. Aquí tedes o libro que preparou a mestra Dolores sobre o tema. Nós engadimos unha ficha de cada figura.

O ENTROIDO EN GALICIA.

Publish at Calameo or read more publications.

E nestas fotos veredes como traballamos!!