domingo, 28 de diciembre de 2014

Chegaron os Reis a Silvoso.

Cando estabamos celebrando a festa de Nadal na escola, chegaron os Reis, moi cansos e famentos pero tamén cargadiños de bo humor e algún agasallo. Convidámolos a comer algo, cantámoslle panxoliñas e entregámoslle as nosas cartas coas nosas peticións. Por se non se enteraron (que estamos seguros de que si) recordamos que todos os Silvosiños e as profes fomos MOI BOS!!! 


jueves, 18 de diciembre de 2014

Visitounos o Pandigueiro.

Como todos os anos, recibimos nerviosos e entusiasmados a visita do Pandigueiro (ou Apalpador) que viña das montañas do Courel acompañado de Alicia, a súa axudante. Recordounos a importancia de alimentarnos ben para ter as barriguiñas mantidas, o valor de compartir e de coidar e respectar ao máximo a natureza.



Fixemos uns debuxos do Pandigueiro que nos quedaron fenomenal!



viernes, 12 de diciembre de 2014

O pirata mariñeiro.

Veu da man da mestra Dolores un mariñeiro que antes foi pirata. Cambiou o seu barco pirata por unha barquiña e a súa espada por unha rede coa que pesca lerias e adiviñas. Dolores preparoulle un recuncho na aula moi acolledor, no que iremos poñendo todas as lerias que nos traia e que, por suposto, aprenderemos. 

Benvido Pirata Mariñeiro!!!







lunes, 8 de diciembre de 2014

Nadal mariñeiro.

Vega e a súa familia fixeron na casa esta preciosa árbore de Nadal mariñeira, 100% bergondesa, xa que os materiais foron recollidos por eles mesmos na praia de Gandarío. A que é preciosa???
Non podiamos ter unha árbore máis xeitosa!!!



lunes, 1 de diciembre de 2014

Mouchiños nadaleiros.

Hoxe ímosvos ensinar os mouchiños que fixemos a semana pasada. Como hoxe empeza o mes do Nadal decoramos con eles unha árbore un tanto orixinal (reciclaxe total!), a nosa árbore de Nadal. Cada un dos mouchiños ten dentro unha sorpresiña, que será para @ encargad@ do día. Hoxe tocoulle estrenalo Javi.