sábado, 31 de enero de 2015

Comezamos xa o Entroido.

O curso pasado a mestra Dolores introduciunos no mundo máxico do Entroido galego e este curso quixemos seguir afondando nese mundo que tanto nos atrae. Tivemos o privilexio de poder tocar e observar unhas auténticas máscaras de Peliqueiro (Laza) e Pantalla (Xinzo de Limia) e quedamos alucinados!!! Este curso, por suposto, seguiremos con este traballo que tanto nos gusta.
Unha boa maneira de comenzar o Entroido, non vos parece?












E mirade que Peliqueiros e Pantallas....



Grazas á profe Isa por facer posible que estas máscaras tan marabillosas chegaran ás nosas mans.

E se picades na imaxe, poderedes acceder ao LIM elaborado o curso pasado.

miércoles, 28 de enero de 2015

O PeixePAZ.

Como estamos inmersos nos mares fixemos entre todos un PeixePAZ, que come as cosas que non nos gustan. Primeiro falamos de todas esas cousas que non nos gustan e que fan que non haxa paz e despois plasmámolo neste mural.