miércoles, 25 de febrero de 2015

Rosalía


Onte, 24 de febreiro, foi o día de Rosalía de Castro. Google adicoulle un doodle e nós na escola tamén lle fixemos a nosa pequena homenaxe.


video

viernes, 20 de febrero de 2015

As nosas máscaras de Peliqueiros.

Como esto do Entroido nos gusta bastante, animámonos a facer unhas máscaras de Peliqueiros. Foi un traballo manual que nos tivo ocupados varios días e pasámolo fenomenal facéndoo. Marchamos para a casa encantadísimos!!!


miércoles, 18 de febrero de 2015

Os Vergalleiros de Sarreaus



Outra das figuras do Entroido galego que coñecemos este curso son os Vergalleiros de Sarreaus (Ourense). É certo que non teñen tanta sona coma outras figuras pero pouco a pouco e ano tras anos son máis os que tentan que esta tradición siga viva.
O mestre Ricardo trouxo á escola unha máscara de Vergalleiro e observamos en directo todos os seus detalles. Recordounos á cara dos peliqueiros pero rapidamente xa nos demos conta de que a pantalla era diferente, tanto por diante como por detrás. Estamos aprendendo un lote de cousas sobre o entroido galego!





miércoles, 11 de febrero de 2015

Entroido emocionante!!

Emocionante! Esa é a palabra que mellor define o Entroido este curso no CRA de Bergondo. Despois de ter o privilexio de ver e tocar auténticas máscaras de Peliqueiro e Pantalla, hoxe tivemos a grandísima sorte de recibir a unha auténtica Boteira!!






Vimos e admiramos o seu atuendo e outro máis pequeniño que nos amosou, auténticas obras de arte. Tamén nos falou dos folións e dos seus ritmos que son diferentes en cada aldea, fixemos nós tamén os nosos ritmos, pasámolo de medo!


video

Saltamos coa monca, probamos o cinto coas esquilas... en fin, mellor que o vexades nestas fotos. 
Moitísimas grazas a Ana, a Boteira de Viana do Bolo, foi un pracer recibirte!!!