domingo, 21 de junio de 2015

Máis agasallos.


                       

Hai uns días recibíamos unha sorpresa chegada de Muxía e pouco tempo despois chegou outro agasallo para todos os nenos do CRA, esta vez de Camariñas. A empresa conserveira desta vila, chamada Cerdeimar, agasallounos cunhas latas de conservas moi especiais como colofón a todo un curso de traballo sobre o mar. Chegaron cunha mensaxe...



Marchamos para a casa encantados coas nosas latas, alí limos a mensaxe coa familia e por fin poidemos descubrir o seu contido. Que imaxinades vós que traían??? Pois uns peixiños coma estes...
Si, si, unhas conservas mooooi orixinais, non si?

Moitas grazas a Cerdeimar!!!!!

miércoles, 17 de junio de 2015

Un agasallo chegou de Muxía.

Menuda sorpresa levamos a semana pasada na escola!! Chegou a carteira cun paquete para nós que viña de... Muxía, de parte de Jesús, o creador dos nosos amigos Roque, Barca e Roquiño!!!


Que emoción!!!!
Abrímolo con moito coidado e curiosidade e..... había un montón de pequenos paquetiños, candaseu co seu laciño, que contiñan un pin de Roquiño para cada un de nós. Preciosos!!!!


Tamén unha libretiña cunha portada moi veraniega que utilizaremos para anotar cousas importantes da clase. 


Que detallazo!!! Grazas outra vez a Jesús e a esa familia de corviños que xa forman parte de Silvoso!

martes, 16 de junio de 2015

Reserva da biosfera.




As Mariñas Coruñesas e as Terras do Mandeo foron declaradas Reserva da biosfera no ano 2013. Dentro da reserva están, entre outras, Bergondo, Sada, Betanzos... terras que coñecemos moi ben. De todo isto viñeron a darnos unha charla e aportarnos un material que levamos para a casa.









lunes, 8 de junio de 2015

Visita ao Cruz do Sar.

Coma todos os anos visitamos o colexio Cruz do Sar, ao que acudirán os compis de 5 anos que rematan etapa no CRA de Bergondo. E coma sempre, fomos recibidos estupendamente por nenos e profes, amosáronnos e explicáronnos moitas cousas, ademáis de invitarnos a unha exquisita merenda elaborada polo persoal do comedor. 
Nós elaboramos nas aulas uns traballos sobre os portos de Galicia que formaron parte dunha exposición e que soubemos explicar moi ben.










Máis fotos, no blogue de Audición e Linguaxe, premede na foto.