miércoles, 9 de diciembre de 2015

Tempo de Nadal.

Xa estamos en tempo de Nadal e, dende hai varios cursos, vimos traballando no centro a figura do Apalpador ou Pandigueiro. A profe Eva e Bieito contáronnos un conto máxico e ensináronnos a facer o noso propio contiño do Pandigueiro, que levamos para a casa. Ademáis disto, estamos divertíndonos moito cun xogo, que tamén nos trouxeron de agasallo Eva e Bieito. Xa sabiamos moitas cousas do Apalpador pero agora que as recordamos... xa somos uns expertos!!!... e estamos preparadísimos esperando a súa visita!