sábado, 10 de junio de 2017

Visita castrexa.



Tivemos a sorte de ter na escola a visita duns castrexos que nos explicaron moitas cousas sobre como era a súa forma de vida, costumes... Poidemos observar en primeira persoa moitas das cousas e utensilios que utilizaban: peles para vestirse, ferramentas da vida cotiá, obxectos para as batallas, instrumentos musicais, xogos... Até nos explicaron como era o proceso de fabricación da cervexa naquel tempo.
E para rematar a visita desfrutamos dunha peza musical ao son das gaitas.


OS CASTREXOS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

A profe Livia fixo posible esta preciosa actividade, reunindo a membros do grupo de música tradicional SON DE LUGH e da Asociación de Recreación Histórica Castrexa LUGDUNUM.

Moitas grazas a Juan, Nacho, Manel e Livia!!!


lunes, 5 de junio de 2017

Visita ao CPI Cruz do Sar

Coma todos os anos por estas datas visitamos o "cole dos maiores", onde van a estar a partires de setembro os nosos compis de 5 anos. E, coma sempre, tratáronnos fenomenal!!! Nós puxemos o noso gran de area montando una pequena exposición cos traballos feitos ao longo deste curso nas escolas, dentro do proxecto Unha viaxe ao pasado.